esg
Comprometémonos cos obxectivos de desenvolvemento sostible
Os nosos Valores
En Rede Aberta coidamos o rural
Apostamos polo rural galego e a súa dixitalización, sempre en igualdade de condicións.
Os nosos servizos nacen dos nosos valores e guían o noso método de traballo.
Igualdade
Innovación
Sostibilidade
Como o facemos? Priorizamos o benestar da nosa contorna.
- Promovemos o cumprimento das normativas locais aplicables, as normas internacionais relevantes e as mellores prácticas do sector.
- Promovemos e mantemos os máis altos estándares de integridade e bo goberno corporativo.
- Contribuímos a mitigar os impactos ambientais e sociais negativos.
- Mantemos un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente e a redución da pegada de carbono.
- Apoiamos iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental.
- Fomentamos o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxías respectuosas co medio ambiente que contribúan á sustentabilidade.
A nosa fibra óptica é sostible e responsable co medio ambiente.
A nosa Responsabilidade Social Corporativa (RSE) cara a clientes, empregados, accionistas, comunidades locais, medio ambiente e sociedade en xeral é absoluta, promovendo unha comunicación aberta e fluída con todos os implicados para actuar en todo momento de forma eficaz e responsable.
Descarga as nosas credenciais para o cumprimento dos obxectivos sostibles.
Rede Aberta aplica criterios de xestión ASG (Ambiental, Social e Gobernanza) e esixe o cumprimento dos seus provedores, mediante unha avaliación e establecemento de plans de mellora a medio prazo.