Coñécenos

Preparamos a infraestrutura para os teus servizos de telecomunicacións

Rede Aberta conectividade de alta capacidade en Galicia e Europa.

Somos un operador galego de telecomunicacións, especializado no despregamento de redes de fibra óptica de alta capacidade no rural, polígonos industriais e núcleos empresariais. Formamos parte dos proxectos de fibra do Fondo CEBF, que está en 7 países de Europa, e conta con 555 millóns de euros para impulsar exclusivamente a infraestrutura dixital en Europa.

A NosaHistoria

2024

Fomos moito máis alá.

En 2024 chegamos ao noso primeiro acordo cun ISP estranxeiro e en outubro chegamos a 300.000 fogares despregados. Conseguimos unha subvención do IGAPE para a creación dun punto neutro en Galicia (Galnix) con outros dous socios.

2023

Avanzamos na nosa expansión.

En marzo de 2023 chegamos ás 150.000 vivendas despregadas, un gran fito para o noso proxecto. En agosto asinamos o primeiro contrato cun ISP nacional e en outubro gañamos a subvención Unico 2023 nas provincias da Coruña e Pontevedra.

2022

Rede Aberta dá un paso máis.

En xaneiro de 2022 chegamos a 10 contratos con operadores. En setembro lanzamos a tecnoloxía XGSPON e en outubro gañamos a subvención Unico 2022 na provincia da Coruña.

2021

Primeiro usuario conectado.

En febreiro de 2021, o noso proxecto crece un pouco máis cando se produce a primeira conexión dos nosos clientes á nosa rede.

2020

Nace Rede Aberta

En xullo de 2020 nace Rede Aberta, un proxecto galego que nace co obxectivo de impulsar o desenvolvemento económico e tecnolóxico no rural. En decembro deste ano comezaron os traballos de implantación da rede e asinouse o primeiro contrato cun ISP.

Poñemos fibra a disposición dos operadores para dar servizo a fogares e empresas.

Prestamos especial atención ao pequeno comercio local e o noso obxectivo é despregar fibra de alta capacidade para erradicar a fenda dixital que existe coas áreas urbanas.

Construímos a conexión rural

En Rede Aberta promovemos a igualdade dixital para toda a cidadanía.

Traballamos para que todos os cidadáns teñan as mesmas oportunidades e dereitos dixitais para o emprendemento empresarial, o teletraballo, o acceso á telemedicina, os servizos administrativos, o lecer ou a cultura, independentemente de onde residan.

O noso obxectivo é implantar fibra de alta capacidade no rural para establecer poboación e potenciar as oportunidades das empresas para que poidan competir en igualdade de oportunidades.