Rede Aberta, empresa líder de redes neutrales en Galicia, inaugurou hoxe o acceso ao faro de Fisterra (Finisterre, A Coruña) a través de fibra óptica de 1 Gbps, un fito que simboliza a capacidade da compañía para conectar os lugares máis afastados do rural galego a velocidades idénticas ás dispoñibles nas cidades.
“É posible chegar a Finis Terrae coa fibra óptica, unha infraestrutura de comunicación imprescindible na era da dixitalización e que ata hai pouco se pensaba que era só para grandes cidades e contornos urbanos”, destacou Pere Antentas, conselleiro delegado de Rede Aberta.
Na súa intervención no acto Conectados ata o fin do mundo con fibra óptica celebrado nas inmediacións do faro, Antentas lembrou que Rede Aberta é unha empresa que naceu hai tres anos e que neste período se esforzou por facer posible “case todos os galegos teríamos acceso a unha conexión ultrarrápida e segura, como a que ofrece a nosa fibra óptica”.
Así, destacou que conta na actualidade con 200.000 unidades inmobiliarias instaladas en 86 concellos do rural galego, para o que tivo que despregar máis de 4 millóns de metros de cable de fibra. Un crecemento que se viu avalado recentemente por Allianz Global Investors, que “nos acaba de respaldar cunha financiación de 50 millóns de euros, o que significa para nós o respaldo do mercado, que aposta e aprueba o noso proxecto”, acordou.
50G-PON
Pere Antentas señalou que a compañía continuará cos “esfuerzos” para poñer a tecnoloxía máis avanzada ao servizo das empresas de Galicia e, en especial, con aquelas que están asentadas no ámbito rural. “Podemos anunciar que temos alcanzado un acordo de colaboración con Huawei, un dos nosos provedores tecnolóxicos, para poñer en marcha un proxecto piloto de desenvolvemento da nova tecnoloxía 50G-PON, que supoña multiplicar por 50 a velocidade dun 1Gbps que se ofrece en a actualidade”, explicou.
Segundo indicou, trata de “unha iniciativa pioneira na Unión Europea e inauguraremos no primeiro cuatrimestre de 2024″. O proxecto terá a base en Santiago de Compostela, onde se instalará o polo de empresas biotecnolóxicas, e desde o que se ofrecerán tamén servizos a hubs industriais e ás empresas asentadas nos entornos rurais próximos á capital de Galicia”.
En este sentido, recordou que Rede Aberta foi “pionera en desplegar a tecnoloxía XGS-PON no rural de Galicia”, coa inauguración do servizo fai un ano na Ribeira Sacra, e seguirá “esforzándose” para “anticipar as necesidades” que terán as empresas, xa que se prevé un crecemento do 37% anual a demanda de datos. “Multiplicarase por 9 de aquí a 2030”, engadiu. Rede galega de CPD´s.
Por iso, apuntou que a empresa “traballa codo a codo con outros socios” para crear “os CPD do Camiño”, unha rede de centros de procesamento de datos en Galicia, para dar resposta ás empresas, que “demandan infraestruturas que aporten autonomía de xestión, sen interrupcións nos servizos e lonxe dos caprichos da xeopolítica”.
Antentas agradeceu a presenza do director da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Julián Cerviño; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; e a alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez. “A colaboración de todas as administracións, de todo o equipo de Rede Aberta e das máis de 250 persoas das empresas colaboradoras permite acabar coa fenda dixital no rural”, subliñou.
Neste sentido, destacou que Rede Aberta, adxudicada pola implantación do Plan UNICO do Ministerio de Asuntos Económicos e Transición Dixital na provincia da Coruña, xa ten executado un terzo das 36.550 unidades previstas, o que lle permite ” ter confianza “para alcanzar o 100% antes de finais de 2024. “Esperamos seguir co Plan UNICO 2023 en Pontevedra, se gañamos o concurso ao que nos presentamos”, engadiu.