Novas

Non te perdas as novidades máis interesantes do noso sector

29 de Setembro do 2023

Rede Aberta chega ao faro de Fisterra e a 200.000 vivendas e comercios do rural con fibra óptica ultrarrápida

Rede Aberta, empresa líder de redes neutrales en Galicia, inaugurou hoxe o acceso ao faro de Fisterra (Finisterre, A Coruña) a través de fibra óptica de 1 Gbps, un fito que simboliza a capacidade da compañía para conectar os lugares máis afastados do rural galego a velocidades idénticas ás dispoñibles nas cidades.