Novas

Non te perdas as novidades máis interesantes do noso sector

23 de Marzo do 2023

Rede Aberta levará a fibra óptica ultrarrápida a todos os fogares e empresas do Val do Dubra antes de finais de 2023

Todas as vivendas e empresas do Val do Dubra (A Coruña) terán acceso a fibra ultrarrápida, con velocidades que poden alcanzar os 10 Gbps simétricos, antes de que remate 2023, tras o acordo alcanzado entre o alcalde, José Manuel Varela Ferreiro, e Rede aberta.
1 de Marzo do 2023

Os veciños e empresas de Coristanco contan agora con fibra óptica ultrarrápida tras o despregamento realizado por Rede Aberta

Rede Aberta rematou o despregamento de fibra óptica ultrarrápida no concello de Coristanco (A Coruña), que permite a vivendas e empresas acceder a unha conexión a Internet de gran capacidade, estable e máis segura.
18 de Xaneiro do 2023

Rede Aberta inicia as obras para levar a fibra óptica ao rural de Valdoviño

Rede Aberta iniciou as obras de implantación de fibra óptica ultrarrápida no rural de Valdoviño. Para iso, a empresa ampliará a súa rede desde Narón ata Valdoviño, traballos que se prevé que se prolonguen ata a primavera.
5 de Xaneiro do 2023

A fibra óptica está dispoñible para vivendas e empresas do rural de Pontedeume tras o despregamento realizado por Rede Aberta

Rede Aberta rematou o despregamento de fibra óptica ultrarrápida nas zonas rurais do concello de Pontedeume, permitindo que fogares e comercios accedan a unha conexión a Internet ultrarrápida, estable e máis segura.
27 de Outubro do 2022

Rede Aberta levará a fibra óptica a 36.556 vivendas da Coruña, tras a adxudicación do programa UNICO Broadband 2022

Rede Aberta levará a fibra óptica a 36.556 vivendas da zona rural da provincia da Coruña, tras ser adxudicataria do programa UNICO Broadband 2022 da Consellería de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para estender a fibra óptica a todo o territorio.