Rede Aberta iniciou as obras de implantación de fibra óptica ultrarrápida no rural de Valdoviño. Para iso, a empresa ampliará a súa rede desde Narón ata Valdoviño, traballos que se prevé que se prolonguen ata a primavera.
Para contratar fibra óptica, as vivendas e empresas deberán poñerse en contacto con algún dos operadores locais como: 7 Play, A Túa Xanela, Aúrea Telecom, Evoa, IT Sarria, Itegal, Juifi, Planeta Voz, Eume Telecom, Grelo, Oteuoperador, Pizpireta. Telecom ou Toxo Telecom. Rede Aberta, con dous anos de actividade, está presente en 49 concellos rurais de Galicia. Tendeu máis de 2.000 quilómetros de cable para prestar servizo de fibra óptica neutra e chegar a máis de 125.000 fogares.
Ademais, é a adxudicataria do despregamento do plan UNICO da Consellería de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para a provincia da Coruña, que supón levar fibra óptica de alta capacidade a 36.556 vivendas do rural.
Sobre Rede Aberta
Rede Aberta é unha empresa galega que forma parte dos proxectos de fibra do fondo CEBF, que está en 7 países de Europa. Constituíuse en 2020 e conta con 20 traballadores directos e máis de 200 indirectos que colaboran despregando fibra nos concellos rurais. A compañía prevé investir 121 millóns de euros ata 2025 para chegar ás 400.000 vivendas no rural. O CEBF (Connecting Europe Broadband Fund) é un fondo con 555 millóns de euros que promove exclusivamente a infraestrutura dixital en Europa. Está xestionado por Cube Infrastructure Managers (“Cube IM”), especializada en investimentos en infraestruturas.
Sobre o Plan UNICO
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), estamos cofinanciando o despregamento da nosa rede de fibra óptica ás zonas brancas dos seguintes 93 concellos da provincia da Coruña: Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Arzúa, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boiro. , Boqueixón, Brión, Cabana de Bergatiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, A Capela, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Ferrol, Fisterra, Frades, Irixoa, A Laracha, Laxe, Lousame, Malpica de Bergatiños, Manón, Mazaricos, Melide, Mesía, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza-Cesuras, Paderne, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo, Zas O obxectivo deste proxecto é levar a fibra óptica a 36.556 Unidades Inmobiliarias con censo. de 1.120.134 persoas.
Convocatoria: Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión – Banda Larga (Convocatoria – ÚNICA-Banda Larga 2022) Proxecto: SOLICITUDE A CORUÑA 2022 Número de expediente: TSI-061400-2022-157 Estado: en execución