creemos no RURAL!
Somos un provedor de solucións, unha rede para todos os operadores que queiran prestar servizos de telecomunicacións no rural de Galicia, en condicións de igualdade, competencia e non discriminación.
Pertencemos ao Fondo de investimento luxemburgués Connecting Europe Broadband Fund (CEBF) que foi creado para axudar a implementar os obxectivos da Sociedade Gigabit da Comisión Europea. Este fondo está involucrado na creación dunha infraestrutura de redes de fibra nas poboacións rurais de Europa, contribuíndo ao desenvolvemento das súas comunidades a través de conexións de gran velocidade que permiten a integración no mundo dixital.
REDE ABERTA representa o primeiro investimento deste fondo en España.
Somos unha empresa nova e dinámica, que cremos no valor das persoas, no territorio, na sustentabilidade e a responsabilidade.
E, sobre todo, cremos no rural, por iso traballamos no seu proceso dixital para que a conectividade chegue a todo o territorio.
